Table Of Content.
Curso de linguaxe administrativa
.
Coordinación
Manuel Rico Verea
Autoras:
María das Mercedes Leobalde García
Carme López Taboada
Consuelo María Romero Lado
Texto corrixido e ampliado por:
Daniela García Sánchez
Belén López Barreiro
Felisa Marzábal Expósito
Libia Pérez Vázquez
Patricia Precedo Estraviz
Nuria Seoane Bouzas
Edita:
Xunta de Galicia
Secretaría xeral de Política Lingüística
Depósito legal: C-1250-2007
Imprime:
Gráficas Sanpar, s.l.
Reservados todos os dereitos. O contido deste libro está protexido pola lei que prohibe a reprodución, plaxio, distribución
ou comunicación pública, na súa totalidade ou en parte, das obras científicas, artísticas e literarias, sen a autorización pre-
ceptiva.
.
Índice
Páxinas
Unidade 1
A linguaxe administrativa ......................................................................................... 9
Unidade 2
O texto e as súas propiedades ................................................................................. 23
Unidade 3
Os signos de puntuación ......................................................................................... 35
Unidade 4
O circunloquio. Tendencia á nominalización. Galicismo................................................. 45
Unidade 5
Maiúsculas e minúsculas .......................................................................................... 53
Unidade 6
As abreviacións ..................................................................................................... 63
Unidade 7
As indicacións de tempo e de lugar .......................................................................... 73
Unidade 8
O tratamento persoal e a linguaxe non-sexista ............................................................. 81
Unidade 9
As perífrases verbais ............................................................................................... 95
Unidade 10
O infinitivo conxugado ............................................................................................ 105
Unidade 11
O futuro de subxuntivo ............................................................................................. 115
Unidade 12
Os réximes prepositivos ........................................................................................... 123
Unidade 13
As locucións prepositivas e conxuntivas ...................................................................... 133
Unidade 14
O relativo e o indefinido ......................................................................................... 141
Unidade 15
Outras cuestións gramaticais .................................................................................... 151
Unidade 16
Ferramentas ........................................................................................................... 159
.
.
Obxectivos xerais
1. Aumentar a presenza do galego nas administracións públicas, tanto nas relacións internas coma nas
relacións coa cidadanía.
2. Asegurarse da galeguización dos documentos, tanto nas relacións interadministrativas coma cos ad-
ministrados.
3. Optimizar os recursos para contribuír á normalización lingüística.
4. Actualizar e formar o persoal para que incremente a competencia técnica nesta lingua.
5. Desbotar os prexuízos que o persoal da Administración amose cara á lingua galega.
6. Tentar que na formación do persoal ao servizo da Administración se conxugue a calidade, a estan-
darización e a funcionalidade.
7. Achegarlles a lingua aos distintos sectores da Administración e asentar a variedade estándar da lin-
gua.
8. Dar a coñecer os recursos materiais e en formato electrónico que existen na lingua galega para que
sexan utilizados polo persoal da Administración.
9. Capacitar o persoal para usar na actividade profesional, tanto no plano oral coma no escrito, esta
lingua con fluidez e corrección.
10. Orientar o persoal para que busque asesoramento e resolva as dúbidas que lle xurdan no desenvol-
vemento do traballo.
Obxectivos específicos
• Darlle a coñecer ao persoal das distintas administracións públicas os trazos caracterizadores da lin-
guaxe administrativa tradicional.
• Amosarlle ao persoal da Administración as propostas modernizadoras para mellorar a comunicación
administrativa, tanto na redacción dos documentos coma na información á cidadanía.
• Proporcionar información sobre os aspectos en que se ha basear a redacción.
• Formar o colectivo nos contidos ortotipográficos, morfosintácticos, léxico-semánticos e de formato na
comunicación administrativa.
• Reflexionar sobre as propostas que buscan a simplificación e a eficacia no estilo administrativo.
• Capacitar o alumnado no plano oral e no escrito para que sexa capaz de desenvolverse nos contex-
tos precisos.
7
Metodoloxía
Empregarase unha metodoloxía teórico-práctica, que consistirá na presentación de contidos, realización
de actividades, redacción de escritos e na resolución de dúbidas.
Achegarase o material adecuado para que o alumnado acade unha escrita correcta, dándolle a coñecer
o estándar lingüístico para que vaia mellorando na xerarquización da información e no deseño dos do-
cumentos. Na medida do posible, tentarase adecuar e traballar documentos que acotío manexan no tra-
ballo.
Avaliación
A avaliación realizarase tendo en conta a asimilación que reflicta o alumnado dos contidos traballados
ao longo do curso e que están expostos neste manual.
Avaliarase, ademais, a competencia de cada alumno/a, tanto na oralidade como na escrita, para exer-
cer en todas as posibles situacións comunicativas. Así mesmo, valorarase a progresión e a eficacia á hora
de redactar os documentos, seguindo as convencións estilísticas e de formato que se perfilaron no curso.
8 Linguaxe administrativa
Unidade 1
A linguaxe administrativa
A comunicación:
elementos do proceso comunicativo e variedades lingüísticas
A comunicación oral e a comunicación escrita:
características
A linguaxe administrativa tradicional:
características
Modernización da linguaxe administrativa:
a linguaxe cidadá
Consellos para unha redacción eficaz
Decálogo de redacción adecuada para a linguaxe administrativa
Actividades
A comunicación consiste na capacidade de que un ser vivo lle trans-
mita información a outro. O ser humano pode usar diferentes sistemas
para proporcionar información. A súa capacidade comunicativa é
máis ampla, pois dispón dun sistema de comunicación máis perfeccio-
nado ca outros seres, o que o fai único.
Description:Tamén se procurará ordenar a información de forma lóxica e clara, respectando a sintaxe galega. A linguaxe cidadá http://www.ciberlingua.org.